O Calvo Xiria colleu un pouco de aire en Chapela cunha victoria pola mínima ante o equipo vigués. Comenzaron con folgos as carballesas cun parcial de 0-3 como xa acontecera no encontro de ida. Pero as locais foron capaces de voltear a situación e o desacerto no ataque carballés propiciou que as verdes só conseguiran unha renta de un gol ó descanso(10-11). Na segunda metade sempre igualada as visitantes non foron capaces de finalizar co encontro ata as últimas posesións, despois dun cambio na defensa no derradeiro tempo morto, o que ocasionou que as do Chapela non conseguiran ver porta nos minutos finais. Con 18-20 no electrónico, as carballesas sufriron unha exclusión que complicou o resultado final, pero que terminou cos dous puntos que viaxaban para Carballo.
Este próximo venres reciben na casa ó Bm. Porriño en outro encontro onde estarán en xogo dous puntos moi importantes de cara a salvación.

Publicado enSenior Femenino

