Regreso ás competicións das categorías base, nunha semana importante para os equipos sénior das Escolas Balonmán Xiria

1ª Estatal masculina:

Primeira viaxe ás illas desta tempada para o Calvo Xiria; onde o domingo ás 12:00 (13:00 na península) enfrontarase a un dos seus máximos rivais na loita polo título; o Gourmet Ampate Lanzarote.

Viviremos un enfrontamento entre os dous equipos que actualmente marchan na cabeza na clasificación. Un Lanzarote, que respecto á tempada pasada,vese renovado, abrigo en primeira liña, onde o Calvo Xiria, tratará de frear aos seus goleadores.

O Xiria que viu como cada semana que pasa, o plantel creceu, tratará de limar o máximo o seu xogo, e seguir na boa liña amosada nos dous últimos encontros. Os dous conxuntos chegan con dinámicas positivas; polo que se espera un partido que decidirán os pequenos detalles. A emoción está asegurada no pavillón de Titerroy.

1º Autonómica Feminina

Tras a aprazamento do encontro de volta da semana pasada ante o BM Camariñas, as nosas rapazas do Goldie visitan este domingo ás 11:30 ó Teucro co obxectivo de volver para Carballo con 2 puntos e non perder os postos altas da táboa. Os resultados acadados polo equipo de cidade do Lérez nas dúas primeiras xornadas non deben confiar ás nosas, xa que o Teucro é un equipo moi novo con xogo rápido e alegre e pode dar problemas á defensa das de Carballo.

Nunha semana na que as nosas tiveron máis tempo de preparación do habitual por mor da suspensión do último encontro, o equipo amósase con máis gañas ca nunca de competir e de acadar un ritmo de xogo cada vez máis alto. O único apunte negativo de xornada é a baixa de Jessi que perderá o encontro por unha molestias nun xemelgo.

 

Categorías base

Despois de 8 meses de ausencia nas competicións, volven á carga os equipos infantís, cadetes e xuvenís das Escolas Balonmán Xiria. Un acontecemento moi esperado por parte dos afeccionados e abrigo das xogadoras e xogadores.

O sábado, por unha parte, os equipos femininos, onde o equipo infantil Punta del Este Xiria e xuvenil Hierrros Varela Urbieta Xiria, mediranse ó Xallas (pavillón Carballo Calero 12:00) e ó BM Culleredo (pavillón de Almeiras 18:00) no primeiro encontro tempada.

Por outra, os equipos masculinos, infantís do Garaysa Xiria e Metalúrgica BB Xiria enfróntanse, ao Oar Ciudad (12:15) e ao Bm Culleredo Construpereiro (10:00) e os cadetes do Grupo Lemaco A, viron aprazado o seu partido contra o Oar Ciudad pero os do Grupo Lemaco B, si xogarán contra o Cbm Narón-Ferrolterra Grupo Capela (17:30); todos estes partidos no pavillón Vila de Noia.

Por último, o domingo ás 12;00 no pavillón de Almeiras, o Laber Xiria xogará o seu encontro contra o Bm Culleredo Técnicos 115; equipo adestrado por Fernando Vázquez; anterior adestrador das Escolas Balonman Xiria.

As gañas de voltar a competición fan que sexa un encontro importante, no que tanto as xogadoras e xogadores da base amosarán de seguro a súa mellor versión para facerse cos dous primeiros puntos en xogo co obxectivo de volver a desfrutar do balonmán e ca ilusión de mellorar e conseguir bos resultados.