Rematou a primeira volta para o Calvo Xiria

Rematou a primeira volta para o Calvo Xiria

O primeiro de todo é destacar o recoñecemento que no descanso houbo ao traballo dos rapaces de Escolas Balonmán Xiria que participaron no Campionato de España de Seleccións Autonómicas; Iván homenaxe_selección_galega_018Campos Varela na categoría xuvenil e Antonio Mato Gómez, Juan Carlos Rodríguez Ortiz e Carlos Vilanova García en categoría cadete. Agardamos que este camiño que xa percorreron moitos outros criados na canteira carballesa continúe, para levar o nome de Xiria e por suposto de Carballo por toda a xeografía española.

Centrándose xa no partido desta xornada que supoñía a chegada ao ecuador da liga para o  Calvo Xiria quedariamonos co resultado final de 38 a 33, que deixou os dous puntos en Carballo, de seguro o mellor do encontro, permitíndolle manter a cuarta posición da táboa clasificatoria.
Non foi un bo partido o que xogaron os locais, con moitas imprecisións no eido ofensivo e sobre todo pouca intensidade defensiva, nada comparable co visto ultimamente no Vila de Noia, se ben tamén é certo que dominaron o encontro dende o asubío inicial ate o remate. Pesou o parón de Nadal e tamén os poucos adestramentos que se puideron realizar debido á praga de gripes que viviu o Xiria nestas semanas. Dende logo agora toca traballar e incrementar a concentración para retomar o bo xogo defensivo que viñan amosando os verdibrancos e afinar no ataque para encarar os vindeiros partidos que terán unha dificultade crecente.
Incidencias: Partido disputado no Vila de Noia ante 300 seareiros.
Marcador cada cinco minutos: 4-1, 7-5, 10-8, 15-10, 17-12, 21-17 descanso, 25-20, 28-23, 32-26, 34-31, 38-33.
Colexiadas: Soraya Abelenda Martínez e Ana Correa Araújo do colexio galego.
Exclusións polo Calvo Xiria: Alberto (13´) e Iván (37´) mentres que polo Cinco Jotas Lavadores: Daniel (22´), Pablo (25´, 34´, 45´), Aarón (47´) e Fernando (56´e cartón vermello directo no 56´). Sete metros: Calvo Xiria 2/3. Las Cinco Jotas Lavadores 1/2.

CALVO XIRIA 38: Martín Gómez [p], José Luis Fraga [p], Alejandro Naya [p], Brais Puñal (7), Martín Alfeirán (2), Jorge Bouzas (4), Pablo Iglesias (9), Gonzalo Pombo (5), Iván Campos (1), Carlos A. Lema (4), Mario García de Seárez (1), Julián López, Manuel Méndez (3), Javier Rodríguez (1), Alejandro Calvete (1).
LAS CINCO JOTAS LAVADORES 33: Diego García [p], Raul Pérez [p], Iván García (5), Fernando Fernández (12), Manuel Groba, Pablo Gayoso (4), Adrián Suárez (1), Pablo León (5), Daniel Miro (1), Aarón Seoane (2), Pablo Barros (1), Adrián Lomba, Daniel Fernández (2).