Remontada do Garaysa B que os mantén líderes

OAR CORUÑA     27 – 28     GARAYSA XIRIA B

Partido correspondente á decimosegunda xornada da Liga Prata (Grupo A), desputado no Pavillón San Francisco Javier (A Coruña). Unha vitoria que mantén ao Garaysa Xiria B líder do seu grupo unha semana máis.

O Garaysa viaxaba á Coruña para desputar un partido que se prevía moi igualado. Ao comezo do partido, os do Garaysa impuxéronse no marcador grazas a boas accións defensivas e un ataque moi fluido, pero a medida que pasaban os minutos o OAR comezaba a facerse grande atrás e non permitía lanzamentos cómodos. Debido a estas dificultades que apretaban aos verdinegros, o OAR veuse arriba e chegou ao descanso cunha vantaxe de 5 goles.

Pero na segunda parte o Garaysa deixou claro que aínda lles quedaba moito que dicir, déronlle a volta ao partido cunha defensa moi sólida e uns ataques con bo ritmo de balón, conseguindo unha importante vitoria que os mantén líderes e invictos.

Na próxima xornada enfrontaranse en Carballo ao SD Eumesa.