RESUMO FASE FINAL CAMPIONATO GALEGO CADETE MASC.

06-07-cad-as-cla2

Defraudou e moito o Ifecgas Pereira Xiria no campionato galego de categoria cadete que se celebrou en Camariñas entre os días 19 e 22 de abril, e fíxoo da peor maneira que se pode facer, non por falta de calidade e si por unha absoluta falta de concentración, de intensidade, de atención, de loita…, que, en definitiva, derivou nunha indolencia incomprensible e intolerable por parte de boa parte dos xogadores. A competitividade non existiu en ningun dos tres partidos xogados polo cadro de Carballo e fixo posible o que antes de comenzar a competición era impensable: que o Ifecgás Pereira Xiria saíra derrotado do seu enfrontamento contra un equipo inferior e predecible como o Bm Oleiros, equipo ao que os carballeses xa derrotaran na liga por 24-30 e 47-34. Ao final, un marcador de 24-26 para os de Oleiros, que non fixeran nada de outro mundo, deixaba unha estocada mortal, aínda que merecida, aos bergantiñáns.

No segundo día as cousas parecían que podian tomar outro rumbo cando o Ifecgas Pereira Xiria comandaba o partido contra a SAR de Redondela nos primeiros vinte minutos de encontro. Outro equipo lento e predecible, co que os bergantiñans deberían ser superiores, sempre e cando, claro está, xogaran ao seu mais alto nivel, como xa mostraran nesta mesma temporada. Pero o certo é que todo foi un espellismo, e a mesma falta de actitude, de caracter e de competitividade voltaba a aflorar para firmar un marcador de escandalo a prol dos redondeláns: 37-26. Así era que este resultado lanzaba aos do sur practicamente á final e deixaba aos carballeses sen ningunha posibilidade, e, o que e peor, mostrando o ridículo máis espantoso.

Pola inercia que levaba o campionato para o equipo que representaba a esta comarca non parecía moi dificil de vaticinar que o terceiro partido ia sair polos mesmos derroteiros que os anteriores, maxime cando o rival era o Teucro de Pontevedra, o equipo que mellor balonmán practicaba dentro do grupo e posiblemente do campionato. Os pontevedreses saíron arrollando, ante a mesma pasividade do Ifecgas Pereira Xiria que en días anteriores, e pronto puxeron un 9-2 no marcador que facía presaxiar un resultado de escandalo. Un marcador final de 42-26 daba por finalizada a sonroxante actuación dos carballeses neste torneo e demostraba que por encima da calidade é importantísimo o caracter competitivo, a intensidade e a concentración, tres factores que na actualidade non posúen a maioria destes rapaces cadetes. Practicamente todo o equipo pasa a próxima campaña a categoría xuvenil pero deberán mellorar e moito na súa actitude e caracter se queren alcanzar cotas altas no deporte.