06/04/2004 10ª XORNADA
S.D. OCTAVIO VIGO: Isaac, Brais ( 2 ), García ( 4 ), Blanco ( 4 ), Marcos ( 4 ), Xosé ( 12 ), Manuel ( 1 ) – equipo inicial – Andrés, Xavi, Pedro, Iago, Pablo, Xurxo, David.
ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Enrique, Cuco ( 2 ), Fernando ( 5 ), Adrián, Chimpo ( 9 ) , Carlos ( 8 ), Pablo ( 7 ) – equipo inicial – Miguel, Bruno, Hugo, Queco , Alberto, Alejandro ( 1 ), Gonzalo.
O Asesoría Sueiro Xiria finalizou a súa participación na Liga Xuvenil galega cunha victoria ante o Octavio por 32 a 27.
Non foi nin moito menos fácil a consecución dos dous puntos para o cadro carballés que realizou un gran partido, tendo os xa habituais erros de lanzamento que á postre puideron ser decisivos. A labor arbitral puido romper a concentración dos carballeses, pero souperon os xogadores de Marcos Rodríguez manexar esta presión engadida ó longo dos sesenta minutos.
Comezou o choque de maneira moi igualada cos dous equipos dando pequenos tiróns no marcador pero que non conseguían abrir brecha no electrónico, pero cando se achegaba o minuto vinte da primeira metade o Xiria acadou unha diferencia de tres goles que mantería ata o descanso, 12-15. Unha boa saída na segunda metade fixo que os carballeses romperan o partido con diferencias de seis goles e neste momento a clave estivo nas dúas colexiadas que fixeron xogar os carballeses con catro e cinco efectivos practicamente durante os quince derradeiros minutos de partido. Pero demostrou o Asesoría Sueiro que conta con experiencia nestas situacións e soubo sacar un alto rendemento da nefasta defensa que realizou o Octavio nesta situación.
Con este resultado o cadro do Xiria clasifícase para a primeira fase do Campionato de España e acada o título de Campión Galego.
As colexiadas Sras. Mariam Pereira e Patricia Comesaña foron protagonistas do encontro ó longo dos sesenta minutos intentado que os dous puntos caeran do lado vigués.