S. D. Teucro 34 – ASESORÍA SUEIRO XIRIA 29

10/04/2005 10ª XORNADA

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Iván, Cuco ( 1 ), Queco, Hugo, Gonzalo ( 5 ), Alejandro ( 2 ), Carlos ( 6 ) – equipo inicial – Anxo, Alberto, Aitor ( 3 ), Chimpo ( 10 ), Rodrigo ( 2 ), Miguel.

S: D: TEUCRO: Miguel, Marcos ( 1 ), Adrián ( 2 ), José ( 11 ), Borja ( 10 ), Alexander ( 8 ) – equipo inicial – Santiago, Abel, Alberto ( 2 ), Ignacio, Ricardo, Pablo.

O Asesoría Sueiro Xiria finalizou a súa participación na liga Galega Xuvenil caendo derrotado en Pontevedra ante o Teucro por 29 a 34, no descanso 14 – 15. Con este resultado acaba a súa participación en terceira posición, o que lle imposibilita acceder a seguinte fase.

Partido sen intensidade o vivido no Pavillón Municipal de Pontevedra, recinto demasiado grande para un partido destas características o que axudou en parte a frialdade do xogo durante os primeiros 15 minutos. Comezou mandando o equipo local que conseguiu unha diferencia no minuto 20 de cinco goles ( 4 – 9 ), mais se repuxo o cadro carballés que chegou a situarse por diante no marcador e so o erro dun lanzamento de sete metros impediu que se chegase o descanso con empate.

Xa no segundo tempo incrementouse o número de erros nos lanzamentos de seis metros por parte do Xiria o que propiciu numerosos contraataques dos pontevedreses, ata 18 goles marcaron en transición rápida, o que unido a falla de sacrificio no repliegue defensivo e a actuación arbitral nos derradeiros dez minutos provocou a cuarta derrota nesta fase dos carballeses.

Os colexiados Srs. García e Rodríguez levaron o encontro cunha grande labor ata o minuto 50, a partir deste momento as decisións que tomaron perxudicaron claramente o equipo carballés.