S.D. Teucro Norbrok 21: 43 (19+24): Santi, Arosa (7), Martín (6), Aser (4), Rubén (6), Matías (4), Andrés (10) -equipo inicial- Ameijeiras, Felipe, Miguel (4), Adrián (2), Domínguez.
Decoraciones J. Bello Xiria: 32 (22+10): Buño, Iván (14), Julián (2), Diego (2), Lolo (2), Enrique (7), Óscar (2) -equipo inicial- José (1) Jorge, Calvo (1), Gabriel (1), Dani.
Colexiados: Manuel Currás e Farruco Soliño.
O Decoraciones José Bello Xiria visitaba a cancha do Teucro no derradeiro partido do campionato de División de Honra en categoría cadete. Os de Pontevedra, terceiros clasificados e os de Carballo, sextos, non podían ascender nin retroceder na clasificación, así que o partido, neste sentido, era intrascendente pero importante pola ambición da vitoria.
A primeira parte foi de dominio visitante, agás os primeiros minutos onde os do Lérez controlaban o ritmo do xogo. Pero non tardaron os de Xiria en sorprender a un equipo teoricamente superior, xa que a súa portería comezou a funcionar e os seus ataques perforaban unha e outra vez a meta local. Esta superioridade no xogo tamén se reflectía no marcador ao remate dos primeiros trinta minutos (19-22).
A segunda metade foi totalmente diferente e, aínda que os visitantes querían dar a sorpresa, os pontevedreses saíron cunha marcha máis, dispostos a solucionar o envite pola vía rápida. Así foi que en apenas cinco minutos xa tomaran a dianteira no electrónico e seguían cun ritmo moi alto na busca dun resultado máis avultado. Os bergantiñáns chegaban ao meridiano con moita fatiga e a partir de aquí xa non opuxeron practicamente resistencia. A pesar do marcador final, foi un bo encontro do J. Bello Xiria contra un dos rivais máis potentes da categoría e tan só a falta de folgos para chegar ao final precipitou a derrota dos de Carballo.
Polo tanto e como dicíamos ao principio de esta crónica, a sexta posición final do noso equipo na liga pódese tomar como unha boa clasificación no primeiro ano destes rapaces.
