COPA FEDERACIÓN – DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL MASCULINO
SAR DACUÑA Y PÉREZ “A” 27 – GARAYSA XIRIA: 31
Sar Dacuña y Pérez “A” (11+16): Cerqueira (2), Carballido (3), Alonso (1), Mateo, Nantes (3), Castro, Estévez (1), Cabrera, González S. (3), Cabo (9), Castro (4) e González A. (1).
Garaysa Xiria (16+15): Samuel, Mario, Antón (6), Fran (5), Pombo, Jose, Vila (11), Roi (2), Ronaldo (2), Urbieta (2), Andy (2), Brais (1), Pablo e Miguel.
Segundo partido da Copa Federación para o Garaysa Xiria, que acadou a vitoria nun encontro igualado contra os redondeláns da SAR.
Os infantís do Xiria comezaron o encontro moi centrados, desenrolando un bo xogo en ataque e ben colocados en tarefas defensivas, o que permitía as primeiras vantaxes do partido. A SAR, sen embargo, non ía deixar escapar o encontro e con varias accións moi boas de ataque achegábase no marcador. Aos carballeses entroulles a presa e tentaron resolver con accións individuais, o que provocaba varios erros consecutivos, pero en defensa o equipo seguía moi forte e non permitía a igualada. Neses momentos de mal xogo foron quen de roubar varios balóns e sacar a relucir a súa mellor arma, o contragolpe, para colocar unha renda de 5 goles ao descanso, 11-16.
Na segunda parte o Garaysa fixo momentos moi bos de xogo, e outros nos que semellaba atascado en ataque e tiraba de accións individuais que a miúdo traducíanse en erros. Pese á intermitencia no xogo do Xiria o equipo foi quen de levar os dous puntos para Carballo, o que supón a primeira vitoria en Copa para o Garaysa.
A vindeira semana os carballeses reciben ao OAR de Coruña, será o Domingo 4 ás 10:00h no Pavillón Municipal Vila de Noia, onde tentarán sumar outros dous puntos.