COPA FEDERACIÓN – DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL MASCULINO
SAR PLASTIC OMNIUM: 27 – E.BM.XIRIA: 33
SAR Plastic Omnium 27 (15+12): Couñago. Grande (3), Vidal (3), Carreira, Ferreira, David (2), Iván (12) – Equipo inicial – Puga (2), Cabaleiro, Araujo (1), Outón (2), Mosquera (1), Amoedo, Orge (1).
E.BM.Xiria 33 (18+15): Jorge, Dani (4), Lolo (6),Enrique(7), Iván(3), Diego(1), Alberto (4) – Equipo inicial – Julián (6), Antonio, Buño, Pereira(3).
O equipo xuvenil de E.BM.Xiria, viaxaba a Redondela coa intención de recuperar as sensacións que perdíu no último tramo da competición ligueira e que comenzou a recuperar a semana pasada na Copa, no partido que lle enfrontou ao campión galego (Octavio), aínda que este, rematara con derrota.
O encontro comenzou cun bo ritmo dos bergantiñáns, que amosaban as súas intencións no primeiro parcial (2-3), pero os locais non estaban por sucumbir as primeiras de cambio e replicaban cun 4-2 que devolvían a igualdade ao marcador. O partido entón, entrou núns minutos de toma e daca, con ataques moi elaborados e defensas contundentes por parte dos dous conxuntos, ata que, un 1-4 de parcial no meridiano e un catro dous a favor dos de Xiria cando xa agonizaba o primeiro tempo, daba unha cómoda vantaxe de tres goles aos carballeses (15-18).
Na reanudación, o Xiria supo imponer un ritmo máis alto e maior disciplina atacante para dominar prácticamente todos os parciais deste segundo tempo e foi aumentando a súa avantaxe de forma paulatina. A defensa raiaba a un moi bo nivel e os contaataques non se fixeron esperar. As rápidas saídas dos exteriores e o contragolpe en segunda oleada, daba un rédito importante para os de Carballo a falla de dez minutos para ó remate (26-30). Un último parcial de 2-4 deixaba un marcador de 27-33 que fai posible que os bergantiñáns sumen os dous primeiros puntos na clasificación.
A semana que ven, o equipo de EBM. Xiria, recibirá as 12:45 do Domingo 04/05/14 ao OAR da Coruña noutro novo derbi desta tempada.