O Calvo Xiria gañou 22-25 á S.A.R. de Redondela nun encontro sen transcendencia.
Coa permanencia asegurada recibían os redondeláns ós de Juan Fernández e o descorrer do partido veu marcado pola relaxación dos xogadores que fixeron que a contenda fose máis aburrida que un telefilme de sobremesa. Os continuos erros desesperaban ós adestradores que non eran quen de atalla-la desfeita. Xa na segunda metade a calidade dos carballeses fíxose notar e a pesar do mal xogo regresaron cos dous puntos.
Aliñacións
– Polo Calvo Xiria: Villa , Marcos ( 1 ), David ( 2 ), Alberto ( 2 ), Alfonso ( 2 ), Gvazava ( 4 ) e Ofi ( 6 ) – equipo inicial – Víctor, Javi ( ), Mario ( 4 ), Martín ( 2 ) e Sergio ( 2 ).
– Polo Peguform S.A.R.: Soliño, Gustavo ( ), Iago ( 2 ), Rubén ( 1 ), Pablo ( 3 ), Ron ( 4 ) e Miguel ( 1 ) – equipo inicial – Gonzalo, Ricardo ( 2 ), Damián ( 2 ), Xan ( 2 ), Iván ( 3 ) e Luís ( ).
Marcador cada 5 minutos
1-2 / 2-3 / 5-6 / 6-9 / 9-10 / 12-11 / 13-13 / 15-15 / 16-19 / 18-21 / 19-23 / 22-25
Os colexiados castelán-leoneses Sres. López Castellanos e Marcos Aranda estiveron, acorde ó tono do encontro, mal.