SD TEUCRO: 17 – GARAYSA XIRIA: 38

DIVISIÓN DE HONRA INFANTIL MASCULINO

SD.Teucro: 17 (8+9): Rodríguez, Escudero, Suárez (1), Fortúnez (6), Cáceres, Arnedo (4), Schipper (1), Chan (1), Sosa (1), Castro, Martínez e Sobral.

Garaysa Xiria: 38 (19+19): Samuel, Fran (6), Antón (8), Vila (12), Ronny (4), Andy (4), Roi, Brais (2), Urbieta (1), Cristopher (1) e Pombo.

Tan só 10 minutos necesitou o Garaysa Xiria para dobregar a un Teucro sen ideas que caeu vítima dunha defensa moi intensa e con moita presión. Os carballeses saíron dende o primeiro minuto moi concentrados sen dar ningún tipo de marxe ao rival, sabedores da importancia dos puntos en xogo de cara a manter o segundo posto na táboa. Coa defensa coma baluarte e dando un auténtico recital de contragolpes os visitantes tardaron a penas dez minutos en acadar unha importante renda no electrónico que iría a máis a medida que transcorría o encontro.

Co 8-19 ao descanso, a segunda metade foi un auténtico trámite xa que o encontro estaba decantado a prol dos visitantes, que sen baixar un ápice a intensidade defensiva conseguiron aumentar esa renda ata os 21 goles de diferenza (17-38).

Na vindeira xornada o Garaysa Xiria recibe ao primeiro clasificado, o Bm. Cangas, nun duelo de altura ao que se chega nun momento álxido de forma. De acadar a vitoria os carballeses colocaríanse coma primeiros na táboa clasificatoria.