SD TEUCRO MOLDES 43 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 24

SD Teucro Moldes 43 (19+24): Fran, Pedro (4), Eduardo (3), Dani (1), Mario (6), Chapela (8), Miguel (6) -equipoinicial- Iván (3), Fernando (2), Pablo (3), Antonio, Alex (5), Alberto (1), Carlos (1)

Ifecgás Pereira Xiria 24 (12+12): Néstor, Antón (2), Brais (3), Zas (3), Pombo (2), Óscar (1), Dani (8) -equipoinicial- Naya, David, Iago(5)

Colexiados: Antonio Moledo.Estivo moi desacertado para os dous bandos, pero non influiu no resultado final dada a superioridade amosada polos locais.

Partido pertencente á 14ª xornada de liga na División de Honra xuvenil e que fora aprazado no seu día polo forte temporal que afectou á comunidade galega.

Viaxaba o Ifecgás Pereira Xiria a terras pontevedresas para enfrontarse ao segundo clasificado, o Teucro Supermercados Moldes, nun partido que se presumía que podía ser moi atractivo debido á boa impresión que deran os dous equipos nun encontro vibrante e de bo balonmán que disputaran na primeira volta en Carballo.

Pero nesta ocasión a cousa ía ser moi diferente, xa que o Ifecgás Pereira Xiria viaxaba moi mermado, co seu único porteiro lesionado nun brazo e aínda que viaxou non puido disputar nin un só minuto e sen o lateral dereito Iván Amarelle. Isto únido a que o primeira liña Néstor tiña que ocupar a portería deixaba sen efectivos suficientes a primeira liña do equipo carballés, que tivo que ser ocupada con dous xogadores cadetes que estaban demasiado cansos debido ao partido xogado con anterioridade. Por se esto non fora suficiente, outro dos lanzadores da primeira liña, o cadete David, viña arrastrando unha lesión no seu calcaño e tampouco estivo dispoñible para o encontro.

Desta forma o Teucro tivo o partido na súa man dende o inicio, onde os bergantiñáns en ningún momento foron rival para o excelente equipo Pontevedrés que se permitiu, dende o principio, múltiples rotacións. Non houbo historia nin intensidade en ningún momento por parte de ningún equipo dada a diferencia que no día de hoxe existía entre os dous equipos. No descanso o marcador xa sinalaba un claro trunfo para os locais, 19-12.

A segunda parte todavía foi aínda máis contundente, xa que o fol e a gasolina dos poucos efectivos carballeses estaba a ser moi escasa. O cansanzo acumulado facía que todos os alí presentes esperaran con ansia o remate dun partido que en ningún intre tuvo historia.

O próximo encontro a disputar polo Ifecgás Pereira Xiria será o vindeiro domingo, 22/03/09, ás 12.30 h no Pavillon da Zona Escolar, fronte ao Bm Cisne Grupo Pirsa, 3º clasificado.