SD Teucro Norbrok 28 (17+11): Antonio, Carlos (6), Xian (6), Pedro (4), Eric (3), Barco (2), Fernández (1) -equipoinicial- Sánchez (2), Santi, Fontenla (1), Gilsanz (2), Iago, J. Ramón (1), Castiñeira
Vipecón Xiria 35 (16+19): Bisbi, Jorge Viñas (3), Miguel (5), Brais (6), Iago (7), Luís (4), Antón (8) -equipo inicial- Joaquín, Ricardo (2), David, Martín, Iván Eiroa, Jorge Docampo
Colexiados: Antonio Moledo.Estivo moi desacertado para os dous bandos, pero non influiu no resultado final
Partido pertencente á 14ª xornada de liga na División de Honra cadete e que fora aprazado no seu día polo forte temporal que afectou á comunidade galega.
O Vipecón Xiria viaxaba a terras pontevedresas coa ilusión de sacar algo positivo no enfrontamento contra Teucro, cuarto clasificado, xa que na primeira volta en Carballo o partido fora moi igualado e finalmente se lles escapara o trunfo aos carballeses nos derradeiros minutos. Prometía ser un partido atractivo e intenso, xa que se enfrontaban o cuarto e quinto clasificados. A preocupación do técnico carballés era o estado físico dun dos seus mellores efectivos, David García, lesionado unha semana atrás no calcaño.
O partido comezou frío e cheo de imprecisións por parte dos dous equipos, pouca intensidade e continuos ataques que se impoñían ás defensas. Por parte dos visitantes, o porteiro Bisbi mantiña o seu equipo no partido con nove paradas e permitía que os xogadores do Vipecón se retiraran o vestiario con tan so un gol de desvantaxe (17-16).
Foi na reanudación cando os carballeses pegaron un forte tirón e marchábanse no marcador nos primeiros minutos, xa que , se na primeira metade a portería a que estivera a un excelente nivel, nesta segunda Iván completou un encontro fantástico con quince paradas. A tónica deste inicio era a do porteiro carballés parando e os xogadores de campo materializando os rápidos contraataques que daban as ao equipo. Despois chegaron as presas por parte dos locais por recuperar o terreo perdido e con elas as imprecisións e perdas de balón que aproveitaban os rapaces do Vipecón para seguir abrindo brecha no marcador. Ao final, e aínda que non se xogou un bo partido, satisfación polos dous puntos conseguidos fronte a un rival directo por mellorar esa quinta praza que ocupan os carballeses e ademais pola golaveraxe que agora está do bando dos de Carballo. O Vipecón e 5º na táboa con 24 puntos, dous menos que o Teucro que sigue sendo 4º e ten un encontro menos que os de Carballo.
O próximo partido do Vipecón Xiria será o vindeiro domingo 22/03/09, ás 10.30 h no Pavillón Bergantiños, fronte ao Bm Cisne Grupo Pirsa de Pontevedra.
