Esta fin de semana os nosos dous equipos desprazáronse a Zas para xogar unha das xornadas que fora aprazada.
Comezaba a xornada as 10 da mañán para o equipo do Garaysa Xiria contra o Ribadosar.es é o resultado foi de 4-4, nun partido igualado con victoria para as nosas nenas do primeir e terceir cuarto e con derrota no segundo e no cuarto. Un partido no que as de Carballo tiveron moitas pérdidas de balón e no que non estiveron en todo momento espabildadas e concentradas na defensa, o que provocaba que os xogadores do Ribadosar lanzasen en moitas ocasións sin apenas oposición, non podendo facer practicamente nada as nosas porteiras.
Pola contra houbo cousas moi positivas, pois foron capaces de interceptar balóns e defender moi ben nalgúns momentos do encontro.
O segundo turno foi para o equipo do Grupo Lemaco que saltaba a pista as 10.45 para enfrontarse o equipo de Zas.
As nosas nenas non tiveron a intensidade suficiente e enfronte tiveron a un Zas que castigou cada erro das nosas con gol. Ese adurmilamento co que sairon fixo que perdesen todos os cuartos, e non reflexa para nada o potencial de todas as nosas nenas.
Queda adestrar máis duro e con máis ganas para; a pesar da diferencia de idade ca que nos atopamos cos outros equipos; ser capaces de plantarlle cara e non amedrentarnos ante ninguén.
Finalmente acababa a xornada cas nosas nenas de cuarto curso que xogaron un amigable co equipo benxamin de Zas. O encontro rematou en táboas pero no que as de Carballo sairon moi contentas e no que se viu o lado positivo de que estas nenas de cuarto estén xogando nunha categoría superior a súa. Están avanzando o igual cas súas compañeiras cada vez máis e o esforzo terá a súa recompensa.
Ribadosar.es-Garaysa Xiria: 4-4
1º Cuarto: 03-05
2º Cuarto: 05-01
3º Cuarto: 05-06
4º Cuarto: 06-01
Garaysa Xiria: Sara Rial (4), Mencía Rodriguez (3), Clara Graña(2) , Sofía Rey (3), Elena Rodriguez , Noa Millán, María Pombo, Sam Rodriguez (1).
Grupo Lemaco Xiria-Zas: 0-8
1º Cuarto: 03-07
2º Cuarto: 06-11
3º Cuarto: 02-13
4º Cuarto: 04-10
Grupo Lemaco Xiria: Elena González (4), Carla Martínez (1), Julia Verdes (5), Xulia Suárez, Andrea López (1), Lucía Vila, Cecilia García(4).
Benxamin Xiria-Zas: 4-4
1º Cuarto: 05-06
2º Cuarto: 04-04
3º Cuarto: 09-02
4º Cuarto: 06-06
Benxamin Xiria: Julia Verdes (6), Xulia Suárez (6), Lucía Vila, Mencía Rodriguez (9), Sofía Rey (3), Elena Rodriguez , María Pombo.


