Segunda vitoria para o equipo infantil feminino

XIRIA 34 – 11 PINTURAS PROA BM. CHAPELA

Partido correspondente á segunda xornada da Fase de Clasificación (grupo B), desputado en Carballo.

Comezaban o partido as locais moi centradas en ataque e presionantes en defensa, o que favorecía o rápido avance no marcador a favor destas. O equipo infantil feminino do Xiria non deixou que as rivais se achegaran nin por un intre no marcador e chegaban ao descanso cunha renta a favor de 10 goles, 15-5.

Na segunda parte esta renta non fixo máis que crecer, cunha defensa que recuperaba balóns e lles permitía correr chegaban ao final do partido cunha renta moito maior á do descanso. Conseguindo así a segunda vitoria desta Fase de Clasificación.

Esta semana desplazaránte ata O Grove para enfrontarse ao Hotel Spa Bosquemar Rasoeiro Bm no derradeiro partido da Fase de Clasificación antes do Play Off, 

Xiria: Sara Trigo (P), Lara Pensado (P), Carmen Fuentes, África Gómez, Alba Lamas, Abigail González, Sofía España, Manuela Eirís, Paula Andrade, Alba Mourelle, Aroa Campos, Lara Sande, Lola Eirís.