Seguros Sueiro cae na eliminatoria e queda as portas da Final Four

Seguos Sueiro, tras finalizar quintas da liga Xuvenil Ouro, chegaban ó Grove para enfrontarse de novo a un Rasoeiro que ven medrando dende o enfrontamento no Play-Off de ascenso.

Xa no comezo do encontro as locais marcaban un ritmo lento pero seguro no xogo cunha altísima eficacia de cara a portería. Os tantos continuaban chegando acción tras acción polos mesmos postos sen que as do Xiria foran quen de impedir os lanzamentos de nove de Shaila ou as fintas de Luna nos laterais. Pola contra, os lanzamentos exteriores de Lara mantiñan o pulso a unha defensa pontevedresa 6:0 moi densa e pouco profunda. Tras quince minutos de intercambio de goles, o Xiria sufrui un bloqueo na faceta ofensiva onde se acumulaban os erros de lanzamento e se repetían as mesmas accións sen éxito. Os trocos deron novos folgos a defensa, que aumentou a súa eficacia, malia que tampouco lograban perforar a rede local, chegando ó descanso cunha perigosa vantaxe (17-11) para un partido de eliminatoria.

Tras un cambio de actitude e concentradas nos aspectos tácticos a mellorar, o Seguros Sueiro voltou á pista cunha defensa moito máis profunda sobre a primeira liña e creando numerosos contraataques que recortaron as distancias, obrigando a unha chamada á calma por parte do Rasoeiro. Aínda que as locais mantiveron a efectividade de cara a portería todo o partido, as visitantes erraban numerosos lanzamentos claros que mantiñan as distancias a 3-4 tantos ata os derradeiros minutos, onde acadaban o resultado definitivo (31-26) que eliminaba ó Seguros Sueiro tras unha primeira parte para olvidar e unha segunda metade ben traballada.

Agora o Rasoeiro se prepara para a inmediata Final Four Galega que terá lugar en terras lalinesas mentres que as do Xiria terán que comezar a súa fase de Copa ante Porriño o sábado 13.