O Carballal, aspirante ó título ligueiro, chegou centrado a Carballo para tentar levar unha vitoria moi importante e manter a carreira ó Cangas, pero non foi sinxelo xa que o Seguros Sueiro estivo especialmente eficaz na súa 6:0, cortando pases e impedindo a chegada das primeiras liñas. As recuperacións e contraataques permitiron o parcial de 6-3 no minuto 9 de partido.
As visitantes incrementaron a intensidade defensiva no seu 5:1 para cortar as progresións do ataque e devolveu a igualdade ó marcador na metade do primeiro periodo, que se mantivo con pouca marxe ata o (14-16) no descanso.
Tras recuperar os folgos, o Carballal saíu ó campo cunha defensa de alto risco e moita profundidade das defensoras laterais, roubando balóns case en medio campo e collendo por sorpresa as locais, que viron medrar rápidamente a diferenza no electrónico ata o (18-27). De pouco serviron os tempos mortos solicitados e os trocos propostos.
Na recta final o Xiria recuperou o control do partido e parte da vantaxe para rematar no (28-34) final nun encontro pelexado ante un dos rivais fortes da competición.
Seguros Sueiro Xiria 28 -Calfrima Carballal 34
Árbitros: Martina Regueiro e Iván Hernández