Seguros Sueiro remata a tempada cunha derrota axustada

O conxunto xuvenil xogou o derradeiro encontro no Vila de Noia ante o Choqueiras. Partido que asemellaba igulado e mantivo a expectativas.

Dende o inicio ambos equipos mantiveron un pulso de potencial ofensivo entre o lanzamento exterior de Estela, que forzaba a saída da defensa carballesa, Sira na segunda liña empregando os espazos abertos pola súa compañeira e Lucía Ngnipa, que sendo cadete de primeiro ano erguiuse coma punta de lanza do conxunto local. O intercambio de goles produciuse ata a chegada do descanso, coa diferenza mínima separando ambos equipos (16-17).

Na segunda metade as defensas seguían sen poder fronte os embates dos ataques ata que comezaron a faltar os folgos cando a ausencia de fondo de armario fixo acto de presenza en ambos equipos. O derradeiro esforzo da defensa carballesa permitiu saídas ó contraataque e mantivo a distancia ó mínimo exponente ata os últimos dous minutos de partido, onde unha dobre exclusión de Choqueiras permitiu unha oportunidade a un Xiria que non foi quen de aproveitar por mor de pérdidas non forzadas de balón e erros en defensa. A piques estivo de lograr o empate, pero a volta á pista de Estela propiciou o definitivo gol de 9m que otorgaba os puntos ó Choqueiras (32-34).