Semana con doble vitoria para o Calvo Xiria B

Semana con doble vitoria para o Calvo Xiria B

O Calvo Xiria B disputaba a pasada semana dous partidos (mércores vs Pontedeume e sábado vs Sanxenxo). O equipo carballés estaba obrigado a gañar para non acurtar a distancia cos competidores rivais.

CALVO XIRIA B 35- DISPESAN CAFE BM PONTEDEUME 30

O partido estivo marcado por un retraso inicial debido a que se tivo que producir un cambio de pista condicionado pola entrada de auga no pavillón do CEIP Fogar.

O comezo do partido foi moi malo para os carballeses en defensa. Desaxustes contínuos e as dificultades para cambiar opoñentes e controlar a liña de 6 metros facía que os de Pontedeume conseguiran anotar de maneira sencilla. Afortunadamente os carballeses estaban acertado na labores ofensivas e isto facía que o partido estivese igualado. A pesar dos erros defensivo contínuos o partido chegaba ao descanso cos locais con un gol de vantaxe 19-20.

Á volta dos vestiarios os carballeses conseguiron axustar mínimamente a defensa e isto fixo que a segunda metade, a pesar de non ser brillante, estivera dominada polo equipo carballés para conseguir así facerse cos dous puntos. 35-30 o resultado final.

HOTEL CARLOS I SILGAR SANXENXO BALONMÁN 19 – CALVO XIRIA B 21

O equipo carballés saliu enchufado e gracias a accións positivas na súa defensa e portería conseguían marcharse no marcador. Con todo, o equipo local conseguía reaccionar e igualaba o partido. Aos carballeses estaba a atascarselle a defensa e portería rival e isto repercutía no seu xogo en xeral. Así foi cómo chegamos ao descanso con 10-10 no marcador. Na segunda metade a igualdade seguiu a ser tónica xeral con pequenas diferenzas a prol do equipo carballés. Con esta dinámica chegouse aos últimos minutos con unha tensión que facía que cada acción tivera moito peso. Grazas ao bo facer na defensa e portería nas accións finais os carballeses conseguiron levarse os dous puntos que o manteñen na mesma posición e situación.