Sexta vitoria consecutiva para o Calvo Xiria

O noso senior feminino mantén o bo estado de trala vitoria deste domingo diante do Bm Reconquista de Vigo.

Nunha hora bastante inusual, as nosas saltaban á pista en Vigo nun encontro chave na loita polos primeiros postos da táboa. Cuns primeiros quince minutos de intercambio de golpes por parte de ambos conxuntos non parecía haber claro dominador do encontro. Os goles de lanzamento exterior locais contrarrestábanse con rápidas accións de contragolpe cun ritmo alto de xogo. No final da primeira metade, o Xiria moito máis asentado conseguía impór o seu xogo acadando unha pequena vantaxe ó descanso (13-15).

Coa reanudación, as carballesas aumentaron a intensidade defensiva e foron quen de dominar durante os trinta  minutos finais cunha actuación moi coral na que Aida acabou como máxima anotadora (6 goles). Resultado final 21-26 e dous puntos máis que colocan ó Calvo Xiria no alto da táboa.

Este próximo domingo ás 12:30 visita Carballo o Tapería dos Chata Bm. Cangas na loita pola primeira praza.