Sólido fin de semana para o Infantil Feminino

Sólido fin de semana para o Infantil Feminino

A xornada comezaba co paso de Maquisaba pola capital galega. Axiña o Xiria abría o marcador con contundencia coa axuda das numerosas recuperacións (35) froito da presión defensiva. A rotación e os cambios de rol mantiveron o bo traballo para chegar ó descanso cunha boa vantaxe (12-22).

Na segunda metade o cambio de defensa e otorgar os roles principais a xogadoras máis novas permitiu afrontar un reto maior ás de Carballo, pero foron quen de manter o bo ritmo ata o final do encontro. O gran traballo e unha estupenda actitude marcaron o desenrolo do partido, que sin embargo estivo apantallado polas numerosas perdas de balón (30) máis erros de vulto na decisión do lanzamento (32).

Cun total de 73 lanzamentos a porta en 50 minutos e 30 perdas, queda patente o ritmo frenético do encontro, que non permitiu apenas o xogo posicional.

BM RIBADOSAR 21 – 41 MAQUISABA XIRIA

O día seguinte foi testigo do segundo encontro da xornada no Vila de Noia, onde o Tubasys abordou o partido ante Brigantium con gran rotación de xogadoras alevines. Tras varios reaxustes defensivos nos primeiros compases, o Xiria pechaba a cancela para impoñerse co (12-2) no minuto 11. A excelente labor de recuperacións, liderada por Yasmín, mantivo as distanzas no electrónico ata a chegada ós vestiarios (24-10).

Por segundo día consecutivo, os cambios na defensa e distribución de roles permitiron otorgar boa experiencia a xogadoras máis novas incluíndo a Lucía Tasende, que debuta coa camisola verde. O intercambio de goles e o alto ritmo crearon gran número de accións para seguir medrando a un conxunto que segue a vitoria por partido.

TUBASYS XIRIA 46 – 26 BM BRIGANTIUM NUNEGAL

Tras o parón de Semana Santa e a escasas cinco xornadas do final da Liga, o Tubasys prepara a cita ante OAR, que permanece inmediatamente por debaixo na clasificación e agarda na Coruña a revancha tras a primeira volta.