O SAR B volveu a poñer contra as cordas unha vez máis ó Suevia na primeira xornada da segunda volta.
O conxunto xuvenil tivo na súa man o encontro grazas a unha 6:0 intensa e anticipativa, que recuperou numerosos balóns e disminuíu os lanzamentos en zonas perigosas para atopar a unha Lucía ben asentada nos paos. Poca contra, tampouco é nova a extremadamente baixa efectividade de cara a portería das de Carballo. O sorprendente resultado de (9-7) no descanso non sufriu moito cambio coa chegada da segunda metade, que mantiña a dinámica do partido ata o (20-15) final.
As estadísticas falan por sí mesmas: 15 tantos, 21 erros de lanzamento e 19 perdas de balón. Cunha efectividade de lanzamento do 42% e unha efectividade no ataque do 27%, o Xiria aínda é capaz de competirlle a calqueira equipo da liga, pero os puntos quedan fora do alcance pola falta de atino.
SAR BLUENEWABLES 20 – 15 SUEVIA XIRIA


