Dende o comezo do partido na tarde do sábado en Mesoiro, o Xiria empregou a baza do 5:1 con profundidade para interceptar numerosos esféricos e correr as contras, logrando transformar con boa efectividade. As numerosas rotacións no banco renovaron os folgos dun equipo xuvenil disposto a correr, mantendo a liña durante toda a primeira metade (6-20).
Na segunda parte o Brigantium comezou penetrando as filas verdes con forte 1×1 e mantendo as distanzas no electrónico grazas a intensidade ofensiva, pero axiña decaeron as forzas polo alto ritmo que o Suevia imprimiu no encontro, aumentando de novo as distanzas ata un desequilibrado final (15-41).
O Suevia agarda a derradeira xornada da fase ligueira ante o Arousa, pero xa se encontra matemáticamente clasificado como primeiro de grupo.


