Unha semana despois do Play-Off en Redondela, as pontevedresas eran as que visitaban Carballo para desputar a primeira xornada da Liga Prata.
As visitantes optaban por mandar desdobramentos constantes para provocar erros na defensa 5:1 do Xiria, as que lle costaba contar ben e facer cambio de oponente. Pola contra, as carballesas, na súa liña habitual, lograban numerosas ocasións de gol que non eran quen de transformar pola baixa efectividade no lanzamento e os erros técnicos en posesión do esférico. Aínda así, a medida que pasaba o tempo, o conxunto verde puido recompoñer a estructura defensiva e manter a raia as situacións dobre pivote, chegando ó descanso un abaixo (12-13).
Na segunda metade a igualdade se mantivo nun apretado marcador cun intercambio de goles constante ata os derradeiros 7 minutos, onde o SAR lograba penetrar na defensa do Xiria para poñerse a tres tantos. De pouco serviron as numerosas recuperacións de balón e o tempo morto, xa que os nervios fixeron que o Suevia perdera o balón en cada acción de contraataque sinxelo 1×0 que atopou, chegando a perder ata seis balóns de contraataque por malos pases nos derradeiros 7 minutos e acadando un parcial de (0-4) que otorgaba os puntos ás visitantes unha vez máis (23-27).
O Suevia ve puido ver como se escapaban uns puntos vitais para a competición. Agora toca traballar nos adestramentos para que non ocurra o mesmo ante o Seis do Nadal esta fin de semana en Vigo.


