Suevia se asenta no medio da táboa coa nova vitoria

Suevia se asenta no medio da táboa coa nova vitoria

Unha nova vitoria ante o colista poñe en mellor posición a un equipo xuvenil ávido de puntos.

BALONMANO PORRIÑO B 20 – 30 SUEVIA XIRIA

As de Carballo comezaron forte ante o Porriño B na súa visita da pasada fin de semana. Cunha defensa forte e numerosos contraataques, as de Bergantiños non tardaron en poñerse (1-9) a pesar do tempo morto local. Sin embargo, o Porriño conseguiu impoñerse ó seu nefasto inicio e mantivo o pulso o resto da primeira metade (10-19).

As numerosas perdas de balón do Xiria polo cansanzo acumulado e os trocos non sentaron ben a un equipo que non era quen de aumentar a distanza máis de 12 goles durante toda a segunda parte. A derradeira chamada á pizarra das locais transformou a defensa nun 4:2 moi profundo que xeraba dudas no Suevia, pero non puideron achegarse no electrónico, pechando o encontro co (20-30) final.

Na fin de semana anterior ó parón de liga, as de Carballo agardan a chegada dun Culleredo en boa forma.