Suevia volve á boa senda

O grupo Xuvenil do Xiria fixo un sólido partido en todas as facetas do xogo para deixar os puntos na casa e bo sabor de boca.

SUEVIA XIRIA 29 – 21 SEIS DO NADAL – COIA

Nos primeiros compases do encontro as locais optaron por un 5:1 ante un SEDONA con un forte 1×1 na primeira liña, pero non tardaron moito as viguesas en lograr penetrar a defensa para poñerse por riba no marcador (3-6). O tempo morto e o cambio a 6:0 sentaron ben ás de Carballo, que estiveron moito máis cómodas esperando ás laterais con pouca profundidade e axudas para darlle a volta ó electrónico ata o final da primeira metade (13-11).

A volta á pista resultou máis fructífera para as locais que no primeiro tempo, que obrigaban a un tempo morto nas filas visitantes cinco minutos despois da reanudación. A defensa carballesa, aínda máis sólida, xeneraba numerosas situacións de contraataque que aproveitaban con criterio. Pouco a pouco, o Suevia ampliaba a vantaxe ata o final (29-21).

O xogo colectivo e o reparto de responsabilidades ofensivas deixaron boa impresión nun equipo que precisaba unha boa nova tras a mala racha.

Árbitro: André Pena Muíños