O equipo xuvenil do Xiria xa daba indicios do provenir do encontro comezando cunha intensa defensa 5:1 en profundidade para recuperar varios balóns nos primeiros lances do encontro e negando as penetracións da primeira liña vermella, pero encadenando ata cinco perdas seguidas por erros non forzados en ataque para chegar ó primeiro tempo morto (1-2) no minuto 7. Os trocos tampouco aportaron cambio na dinámica dun partido onde as defensas impuxeron o seu ritmo mentres os ataques encadenaban erros técnicos de forma sistemática, chegando ó descanso (9-9).
Na saída do descanso, o Xiria comezou a xogar de forma máis calmada para atopar os espazos na defensa e empregar os contraataques en segunda oleada para aproveitar ocasións claras e poñerse por riba no marcador (9-12), pero a resposta das locais non tardou en aparecer para igualar o electrónico. O tanteo se mantivo ata os derradeiros tres minutos, onde o Culleredo rompía o partido con tres tantos de diferenza por erros defensivos. Un intento de defensa presionante para finalizar non foi suficiente, rematando (24-19) un encontro que encadenou excesivos erros ofensivos e impiden, unha vez máis, sacar resultado a pesar do esforzo en defensa.


