Sufrido empate do Calvo Xiria na pista do Carballal

A tensión xa comezaba coa necesidade do Calvo Xiria de puntuar para manterse nos primeiros postos da clasificación xunto o Lavadores e Reconquista, mentres que o Carballal xa demostrara que era quen de vencer a calquera equipo o clasificarse para a final da Copa. O conxunto pontevedrés conta cunha plantilla moi nova que amosa capacidade para traballar en diferentes estructuras defensivas abertas, mentres que o Xiria ten unha veteranía que lle aporta experiencia ante as diferentes situacións de xogo.

No comezo do encontro o as locais tantaron sorprender propoñendo unha defensa 3:3 con moita profundidade sobre a primeira liña do Xiria, pero non lograron o seu propósito xa que o conxunto verde traballou sen balón e fixo transformacións ofensivas para atopar os espacios nas filas rivais, obrigando as locais a solicitar tempo morto no minuto 10 para reestructurar a defensa e evitar que aumentara o (4-8) do electrónico. O 6:0 mantivo as distancias ata o descanso, que malia lograr un maior éxito defensivo, as viguesas non superaron con facilidade a oposición de Carballo, tendo que recurrir a lanzamentos de extremo cerrado para atopar ocos na liña de seis metros.

Na volta á pista o Carballal volveu a recurrir ó 3:3 para darlle a volta o partido. Esta vez as perdas de balón das visitantes xogaron un papel fundamental nos primeiros lances da segunda metade, levando á remontada (19-16) no minuto 40. A defensa mutante do Carballal provocou unha sequía goleadora do Xiria que prolongouse ata case o minuto 45, onde se buscaron espacios nas zonas exteriores e logrando así o empate a falta de 10 minutos do remate.

A intensidade aportada por ambos bandos truncou os ataques en ambas áreas, producindo un lento intercambio de goles ata chegar ós derradeiros segundos. Carballal, con un tanto en contra, pediu tempo morto no 59:08 para xestionar a posesión, podendo así colocar as táboas no marcador co acerto de Sara Pereira. A falta de 20 segundos, as locais lograron chegar a liña de seis metros tras un 1×1 de Tamara, pero o lanzamento topouse coa perna da porteira viguesa, que sentenciou o partido nun pelexado reparto de puntos.

Agora o Xiria mantén o terceiro posto da clasificación, aínda que un punto as separa do Lavadores. Toca semana de descanso en competición para preparar a seguinte cita no Vila de Noia ante o Xallas, equipo que xa visitara a pista de Bergantiños durante a Copa Federación e presentou una intensa oposición.

A.D. Carballal 23 – Calvo Xiria 23

A.D. Carballal (12+11): Sara Pereira (7), Iria Sánchez-Puerta (3), Area Martínez, Ana Costa (3), Lara Fabián (5), Paula Comendador, Aine Roca, Lorena Vaello, Silvia Sánchez, Isis Moreno, Adriana Montenegro (2), Lara Docampo (1), Uxía López (2)

Calvo Xiria (14+9): Nadia Vázquez (p), María Patiño (3), Aida Vizcaíno (1), Lucía de la Torre (6), Tamara Pombo (2), Minia Calvo (2), Mara Garabaya, Natalia Solís (2), Marta Gómez (3), Duna Barca (2), Leticia Santos, Elena Segade, Valeria Figueroa, Sheila Ferreiro (2), Andrea Díaz

Árbitros: Alberto Rodríguez e Soraya Abelenda

Marcador cada 5 minutos: 3-3, 4-7, 6-8, 8-10, 11-13, 12-14, 16-15, 19-16, 19-16, 20-20, 21-21, 23-23