Aínda que o encontro comezou cun Xiria concentrado que sorprendeu ao conxunto local con (1-5) no minuto 6, a diferenza pronto se acurtou grazas ás perdas de balón e á sólida defensa 6:0 de Chapela, que permitiu transformar o marcador e manter a igualdade durante toda a primeira metade, ata chegar ao descanso con vantaxe dun gol (15-14).
Na segunda parte, o Seguros Sueiro conseguiu controlar as perdas e mellorar a xestión do balón, pero o aumento da intensidade, a redución da profundidade defensiva do equipo local e as accións individuais de Noa Sánchez, mantiveron o marcador a raia, chegando ao ( 20-16) no minuto 42.
O regreso ao campo de Lara Souto proporcionou o lanzamento exterior que o equipo precisaba para dar o derradeiro empurrón ó ataque. Tras un final agónico, a lanzadora do equipo marcou no último segundo o tanto que define o marcador final (28-28), que proporciona, por gol-average, o segundo posto na Fase Clasificatoria para o conxunto de Bergantiños.
A vindeira semana disputarase a clasificación á primeira galega no Play-Off da Liga Ouro ante Porriño, Rasoeiro e SAR. Os xuvenís teñen tres días para preparar este gran reto con tres encontros nunha fin de semana.