6ª Xornada da Liga Ouro Cadete Masculino
Footplus Carballal 16 – Grupo Lemaco Xiria A 35 (8-19)
Na sexta xornada o Grupo Lemcoa desprazábase a Vigo a medirse diante do Carballal, saída sempre difícil a do pavillón do Cabral, pero desta vez a superioridade douse no encontro dende o primeiro minuto.
A defensa 6:0 dos carballeses funcionou a perfección e pouco permitía ao xogadores vigueses, tan so algunha concesión tras combinacións ao límite do pasivo, pois as más das veces o Xiria conseguía o balón e saír con rápidas contras.
Tampouco o Carballal poido conter o ataque do Grupo Lemaco en posicional, con boa selección de lanzamento e combinación ata conseguir espazos de penetración a portería contraria.
Vitoria folgada e a agardar o derradeiro partido do ano dentro de dúas semanas tamén en terras viguesas diante do Reconquista.
Footplus Carballal 16 (8): Nicolás Vila, Adrián González 3, Manuel García 1, Xoel Malfaz 4, Yago López, Laro García, Anxo Barciela 3, Iago Castro, Carlos Barciela 1, Bruno Pérez, xabier Barreiro, Xurxo Orero e Blas Silva 4.
Grupo Lemaco Xiria A 35 (19): Antón Pardiñas e Samuel Soneira (porteiros), Diego Mourelle, Henrique 8, Marcos Suárez 5, Nico Cancela 2, Marcos Varela 5, Brais Suárez 7, Simón Viña 4, Alvaro García 1, Dani Periscal e Jorge Rodríguez 3.
Arbitraron: Catarina Adao e Ania Lampón