Tablas entre o Garaysa Xiria e o Atlético Novás

Logo dun gran partido e de ir gañando durante gran parte del, ao Garaysa escápaselle a vitoria nos últimos 5 minutos.

Atlético Novás 36 – Garaysa Xiria 36

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Desale López, Unai Cotelo, Iker Lema, Lucas Fajardo, Héctor Dubra, Ivan Rey, Hugo Rama, Saúl Fuentefría.

Incidencias:  Partido correspondente á 9ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Municipal de O Rosal (O Rosal)

O Garaysa arrancaba o partido moi centrado en ataque, coas ideas claras e con moita movilidade de todos seus os xogadores. A primeira metade transcurría e as defensas seguían sen ser protagonistas xa que os 2 equipos estaban a demostrar un gran xogo ofensivo. A falta de 5 minutos, o Garaysa conseguía coller unha pequena vantaxe de 4-5 goles para irse ao descanso.

Comezaba a segunda metade e o partido non cambiaba, e os de Carballo seguían coa pequena renta de 4 goles ata que chegaron os últimos 5 minutos, onde os locais apretaron e conseguiron empatar o partido. O Garaysa tivo o último ataque para gañar pero o lanzamento de Sául foise fóra.

A próxima fin de semana ao Garaysa Xiria tocaralle desprazarse a Lalín.