Táboas entre o Garaysa Xiria e o Balonmán Culleredo

Emocionante partido o que se viviu este domingo no Vila de Noia entre o Garaysa Xiria e o Balonmán Culleredo Remax Riazor que finalmante acabou en empate.

Garaysa Xiria 31 – Bm Culleredo Remax Riazor 31

Garaysa Xiria: Álvaro Gómez, Lucas Fajardo, Rubén Nogareda, Marcos Varela, Nicolás Cancela, Saúl Fuentefría, Andrés Pedreira, Dani Marta, Xano Rama, Andrés Pombo, Nicolás Mejuto, Unai Cotelo, Izan Cabeza.

Incidencias:  Partido correspondente á 4ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Vila de Noia (Carballo).

O Garaysa Xiria comezaba o partido con moitas dúbidas en ataque e con bastantes pérdidas de balón. Pasados os minutos, os de Carballo reaccionaban e o partido convertíase nun ida e volta dos dous equipos, para chegar ao descanso cun marcador bastante abultado en goles para esta categoría, 15-17 a favor dos visitantes.

Na segunda metade viuse un Garaysa Xiria mellor, máis contundente en defensa e coa mesma efectividade en ataque, que os levou a ter unha última posesión de 3 segundos para gañar o partido, que non foron suficientes.

O Garaysa lévase así 1 punto que o coloca 5º na táboa, a 3 puntos do líder Balonmán Lalín.