Táboas entre Laber Xiria e Teucro nun gran partido

Laber Xiria 30 – SD Teucro 30 (11-16)

Intenso partido o disputado na mañá do domingo entre dous equipos que o deixaron todo no terreo de xogo e que finalmente tiveron que repartirse os puntos en xogo.

Na primeira metade o Laber viuse superado polo maior ímpetu do seu rival, que con gran definición no lanzamento exterior foi acadando vantaxe cómoda no marcador, a precipitación e non escoller boas opcións de lanzamento pasaron factura a un Xiria que vía como o encontro se lle escapaba nestes primeiros minutos, 11 a 16.

A consigna estaba clara, darlle maior velocidade a subida de balón e apremar moito máis en defensa con continuas subidas sobre os lanzadores para non permitir achegarse con traxectorias axeitadas para percutir sobre a portería do Laber. Tardou en funcionar uns minutos pero no momento que os pontevedreses perderon frescura polo ritmo alto do partido, o Xiria empezou a reducir distancias achegándose no marcador ao Teucro, a falla de 10 minutos os locais poríanse a un so gol 24 a 25, meténdose de cheo no encontro. Con todo por decidir entrouse nos derradeiros 2 minutos co Laber Xiria por primeira vez por diante, 29 a 28, na derradeira xogada o Teucro conseguía o definitivo empate a 30 goles

Grupo Lemaco Xiria 30 (11): Diego Lema (porteiro) Iker Martínez 1, Alex Gómez 13, Adrián Mesejo 3, Mario Cancela 7, Dani Mallo, Franco Rial 3, Diego Antelo, Aaron Rodríguez, Brais Vila, Ivan Hernández, Renzo Díaz, Andrés Urbieta 1 e Manuel Rama.

SD Teucro 30 (16): Eduardo Lores e David Rodríguez, (porteiros) , Dani Gómez 1, Cristian Remeseiro 10, Gonzalo Domínguez 5, Iago Rincón, Mario Rincón, Jacobo Rio 6, Juan Estevez 1, Mario Chan 5, Diego Mendoza 1 e Sergio Pérez 1.

Marcador cada 5 min: 2-4 / 3-7 / 4-8 / 7-11/ 10-14 / 11-16/ 15-20 / 17-24 / 21-22/ 24-25/ 25-27/ 30-30

Arbitraron: Pablo Barreiro e Gabriel Folgoso, sen complicacións.