Táboas entre o Calvo Xiria e o Seis Do Nadal

Un partido igualado, onde o maior acerto para gol, permitiu ao Seis Do Nadal irse con vantaxe ao descanso e na segunda parte mesmo ir gañando de 5 goles. Pero o traballo defensivo do Xiria, aos poucos forneceu o efecto necesario para chegar ao tramo final con opcións gañar para ambos os conxuntos.

Desde o principio, víase que o choque ía ser igualado; o Xiria pasaba moitos minutos defendendo ante un equipo local que espremía os seus ataques ao límite. Pola súa banda o Calvo Xiria, non atopaba a súa velocidade habitual e no momento en que baixaron o acerto nos lanzamentos, un parcial de 3-0, poñía o marcador en 10-7.

O contraataque rompía o parcial, e ao descanso iamos 12-10.

Tras a continuación, os locais aproveitaban unha superioridade para gañar vantaxe, e con 6×6, os fallos de lanzamento levaron o partido á máxima diferenza de 17-12 ( min 40).

O Calvo Xiria, atopábase cómodo defendendo, e non remataba no ataque posicional. O equipo tirou de oficio, e aos poucos foi recortando diferenzas. A falta de 10 minutos, a diferenza era mínima. Un tempo morto por parte do adestrador vigués, freou o ritmo do Xiria e de novo a diferenza foise aos 3 goles. A falta de 5 minutos, o Calvo Xiria pusó o ferrollo á súa portería e conseguiu empatar cando quedaba 1 minuto. Defendía en superioridade, e unha exclusión bastante rigorosa, devolvía a igualdade. Con 5×5, o Xiria recuperou o balón, e a falta de 20 segundos xogoulla sen porteiro e fallou o lanzamento. O Seis Do Nadal tamén fallou ao contraataque e a polémica volveu chegar ao final, nunha lea entre a mesa e os árbitros que concederon un tempo morto aos locais, cando o balón era do Xiria a falta de 3 segundos.
Rökkvi detiña o último lanzamento de Pablo Orge e deixaba o marcador en empate.

Magope Seis Do Nadal 22 – Calvo Xiria 22

Magope Seis Do Nadal (12+10): Andrea Marie (p), Pablo Chantada (p), Santiago Iglesias, Marcos Domínguez, Xabier Reveriano (1), Adrián Leiros (1), David Chao, Diego Rivas, Bruno Cela (1), Pablo Orge (3), Xoan Otero, Javier Mera (3), Samuel Couto (2), Abraham Alonso (7), Jorge Gayo (2), Martín Rial (2).

Calvo Xiria (10+12): Antonio Mato (p), Rökkvi Steinunnarson (p), Carlos Guisasola, Gabriel Castiñeiras (2), Fran Rey (3), Carlos Varela, Chimpo Rodríguez (2), Diego Vega (1), Diego Antelo, Manuel Méndez (1), Alejandro Gómez, Jorge Bouzas (3), Aaron Rodríguez, Mario Cancela (1), David García (5), Edu Cousillas (4).

Marcador cada 5 minutos: 2-2, 4-4, 6-6, 7-7, 10-7, 12-10, (descanso); 15-12, 17-12, 17-15, 19-18, 22-19, 22-22.

Árbitros: Darío Ceballos e Javier Madruga do colexio extremeño.

Incidencias: Partido correspondiente a segunda xornada do Grupo A da Primeira Estatal disputado no pavillón de Coia (Vigo).