Táboas entre o Grupo Lemaco e o Carballal

Grupo Lemaco Xiria 31 – A D Carballal 31 (15-13)

O Grupo Lemaco A tiña dobre enfrontamento na Liga de Ouro, si o venres cedía ante o Porriño, o domingo empataba nun partido moi disputado diante do Carballal vigués.
Pasou factura o intenso partido diante do Porriño, con moito ritmo e golpes en accións fortes, e aos xogadores carballeses fíxoselles moi longo o encontro diante do Carballal, acusouno na segunda metade onde fallaron un pouco as forzas e sobre todo a concentración.
Dous equipos similares onde as defensas abertas facían que o xogo en ataque se precipitara, por máis das veces conseguindo perdas de balón, apesares de lo ningún dos dous equipos soubo ou poido facer rápidas e efectivas as transicións.
O partido transcorría igualado ata ese tramo final onde o Xiria collía vantaxe de dous goles a pouco de dous minutos, pero a precipitación provocada polas gañas de pechar o encontro facilitou balóns ao Carballal para igual o partido.
Catro xornadas disputadas e o Grupo Lemaco A sitúase na segunda posición a espera dun partido diante do Atlántico e da segunda volta
Grupo Lemaco Xiria A 31 (13): Alex Vázquez e Mateo Pallas (porteiros), Samuel Veiga 3, Erik Vázquez 3, Angel Viña 16, Alberto Rodríguez 2, Nicolás García 3, Xurxo Fraga 2, Samuel Regueira, Marcos Amarelle 1, Manu Rey 1

A D Carballal 31 (13): Diego Otero, Iago García 3, Javier Zambrana 1, Alberto Terleiro 2, Anxo Fernández 9, Anxo Barciela 1, Nicolás Docampo 8, Elias Silva, Hugo Alonso 4.

Arbitraron: Pablo Barreiro e Manuel Pazos