O Calvo Xiria agardaba na tarde do sábado a chegada dun Pabellón que aínda ten por estrear o tanteo de puntos durante a presente liga pero que viña de facer un partido sólido ante o Balonmán Lalín en casa.
Malia o inicio desacertado de cara a meta contraria, o Xiria impúxose ó Pabellón coa boa actuación defensiva que ven amosando dende as primeiras xornadas, axudada pola intervención dunha Nadia que rematou o encontro cun 50% de paradas.… Seguir lendo >>
Tras o golpe da pasada xornada ante o Lavadores, o Balonmán Xiria precisaba unha nova vitoria para manterse nos primeiros postos da clasificación. Nesta ocasión, o Calvo Xiria tivo que desprazarse ata Vigo para enfrontarse a un rival que tivo un sustancial cambio nas súas filas esta tempada, o Chapela.… Seguir lendo >>
O Calvo Xiria encaixou a súa primera derrota ligueira no Vila de Noia o pasado sábado ante o Lavadores de Vigo. Todo indicaba que os afeccionados poderían vivir un partido igualado entre o vencedor da liga e o conxunto descendido de nacional na pasada tempada, pero a falta de acerto do Xiria ante a portería viguesa e os contraataques polo extremo esquerdo obrigaron a solicitude dun tempo morto no minuto 11 para interrumpir a dinámica que levou ó (3-8) inicial co tándem Uxía-Sonia.… Seguir lendo >>
O comezo da xornada non foi doado xa que a tormenta do sábado produciu danos no tellado do pabellón e o partido estivo a piques de ser trasladado por risco de desprendemento. Tras a valoración dos bombeiros, permitiuse o acceso ó público e iniciou o enfrontamento.… Seguir lendo >>
Duro encontro no Vila de Noia entre o Calvo Xiria e un renovado Reconquista cun resultado que deixou mal sabor de boca ás locais despois de traballar moi duro durante todo o enfrontamento.
O inicio do partido estivo marcado pola ausencia de goles e a eficacia das defensas.… Seguir lendo >>
O Xiria afrontaba esta semana os Cuartos de Final da Copa Federación ante o Mecalia Atlético Guardés, que malia ser un equipo filial de recente creación foron quenes de clasificarse ante equipos de primeira división para disputar a eliminatoria no Vila de Noia ante o equipo Carballés.… Seguir lendo >>
Aínda que a clasificación xa estaba asegurada dende a anterior xornada, o Calvo Xiria acadou o domingo no Vila de Noia os máximos puntos na Primeira Fase da Copa Federación, Grupo B impoñéndose ó Coreti Lalín (31-23).
O encontro comezou bastante parello por mor dos erros en ataque de ambos equipos e o ben facer de ambas defensas, pero pronto as locais recuperaron balóns e puideron transformar goles sinxelos mediante contraataques de ambas extremos.… Seguir lendo >>
O Calvo Xiria deixou moi boas sensacións, sobre todo na primeira metade, ante un rival de categoría superior como é o Teucro e o cal sufriu en carnes propias o bo facer dos carballeses e que tivo que suar a gota gorda para que a vitoria se quedase en terras pontevedresas.… Seguir lendo >>
A xogadora asturiana é a primeira e última fichaxe dun Calvo Xiria que dá por pechada o seu plantel con esta incorporación.
Andrea Díaz García (Siero, 1999) empezou a súa carreira no mundo do balonman aos 13 anos e fíxoo sempre defendendo a camisola do Club Deportivo Balonmán Siero.… Seguir lendo >>
O conxunto carballés foi de menos a máis nun encontro no que caeu derrotado ante todo un Atlético Novás que fixo valer a diferenza de categoría e a súa maior rodaxe para lograr a clasificación para a Final Four da Supercopa Galicia.… Seguir lendo >>