Archivo de la etiqueta: Escolas de Verán

Escolas de Verán Xiria pecha o mes de xullo cunha campaña de recollida de alimentos para a Cruz Vermella

Escolas Balonmán Xiria deu un paso máis no seu compromiso coa sociedade carballesa e aproveitou a festa de clausura do mes de Xullo das súas Escolas de Verán, para levar a cabo unha campaña de recollida de alimentos.

A campaña para a doazón de produtos non perecedoiros á Cruz Vermella superou todas as expectativas grazas a colaboración dos pais e nais, que nun só día xuntaron 150kg de alimentos: aceite, galletas, pasta e arroz, legumes e moitos outros foron doados para esta causa.… Seguir lendo >>