Archivo de la etiqueta: xuv

Unha vitoria e unha derrota para o Laber Xiria B no Torneo Festas de Culleredo 2021

O pasado sábado, o equipo xuvenil Laber Xiria B desprazouse a disputar o Torneo Festas de Culleredo, onde se enfrontou aos conxuntos do Finetwork Gijón nuns partidos nos que contou cos xuvenís Álex Vázquez e David (porteiros) Samuel Regueira, Ángel Viña, Bruno e Nico; e cos cadetes Pablo Veiga, Erik, Marcos, Xurxo, Manu Rey e Dani Bello; quenes lograrían unha vitoria ante o Finetwork Gijón B e acabarían caendo ante o equipo A dos asturianos.… Seguir lendo >>

Un intermitente Laber Xiria caeu na súa visita ao Tui

Un Laber Xiria que non logrou encontrar a constancia ao longo do encontro caeu no que sería a súa estrea copeira ante o Tui, logo de ter que aprazar o partido da primeira xornada desta competición.

Clube BM Tui 38 – 28 Laber Xiria A

Clube BM Tui (16+22): Rubén Gómez, Pablo Gándara, Anxo Vila, Diego Rodríguez, Carlos Júnior Correia, Jorge Domato, Lois Estévez, Anxo Álvarez, Miguel Pena, Pedro Pérez, Mateo Moroño, Hugo Ramos e Manuel Lorenzo.… Seguir lendo >>

O Hierros Varela Urbieta debuta con vitoria na Liga de Ouro

As nosas xogadoras xuvenís comezaron con moi bo pé a segunda fase do campionato ante o Seis do Nadal no encontro desputado o sábado ás 12:15 no CEIP Fogar. Nunha fría mañá en Carballo, o Xiria dominou o encontro dende o comezo, apoiado nunha forte defensa 5:1 de inicio que propiciou numerosos roubos de balón que facilitaron accións de contraataque con boas finalizacións dende os 6 metros.… Seguir lendo >>