Na mañán do sábado o Atlético Guardés viaxou ó norte coma segundo clasificado sen coñecer derrota na fase ligueira sabendo que os puntos xogados en Carballo serían de gran importancia de cara a clasificación final.
O partido comezou con cunha defensa moi intensa en 6:0 do Seguros Sueiro que limitou a capacidade goleadora que amosa sempre o Guardés, levando ás visitantes a realizar tentativas en zonas pouco efectivas de lanzamento por parte de Carmen e Iratxe ante unha sólida Carla en portería.… Seguir lendo >>
Despois de dúas derrotas consecutivas ante os que se perfilan como os rivais fortes da competición, o Seguros Sueiro logra outra cómoda vitoria ante o U.B. Lavadores Vigo, axudadas por unha contundente saída á pista que obrigou ás visitantes a solicitar tempo morto no 3:30 por encaixar un parcial de 5-0.… Seguir lendo >>
O Carballal, aspirante ó título ligueiro, chegou centrado a Carballo para tentar levar unha vitoria moi importante e manter a carreira ó Cangas, pero non foi sinxelo xa que o Seguros Sueiro estivo especialmente eficaz na súa 6:0, cortando pases e impedindo a chegada das primeiras liñas.… Seguir lendo >>
A tarde do sábado non decepcionou ós xiadeiros do Vila de Noia, que puideron ver un bo partido entre o Xiria e o conxunto pontevedrés no que primou a paridade ata ben entrada a segunda metade. Xusto cando pasan dúas semanas dende o anterior enfrontamento nun Play-Off no que o Porriño se fixo cos dous puntos co (29-27) final, ambos conxuntos mediron as forzas, esta vez en terras carballesas.… Seguir lendo >>
Despois de tan só dúas semanas dende o anterior cruce en Fase de Clasificación en Chapela onde rematou o partido cun empate grazas ó lanzamento exterior de Lara Souto no derradeiro segundo, o Seguros Sueiro tivo que volver á mesma pista para buscar un novo desenlace, esta vez con puntos en xogo.… Seguir lendo >>
U. D. Lavadores – 27 (12+15): Sandoval, Barredo (6), González R., Lorenzo (3), López, Pozuelo, Martínez, Covelo (7), Parada (5), Estévez (2), González S., Seara, Álvarez (4) e Escudero.… Seguir lendo >>
Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña