Archivo de la etiqueta: Xuvenil

Derrota do Seguros Sueiro tras un igualado pulso

A loita pola cuarta praza na liga galega comezou a prol do Seguros Sueiro, que grazas a unha forte atitude e o éxito na faceta ofensiva poñía contra as cordas a un SAR que pidía tempo morto no (9-4). Unha defensa máis profunda do conxunto de Redondela e a acumulación de erros non forzados en ataque acadaron o empate (13-13) xusto no remate do primeiro tempo.… Seguir lendo >>

Seguros Sueiro cae de forma contundente despois dunha moi boa primeira metade

A visita ó Guardés asemellaba complicada pola racha positiva das locais e as numerosas baixas no conxunto do Xiria, que afrontaban o duelo ante o terceiro clasificado con tan só catro xogadoras xuveniles e moita axuda da categoría inferior. As apariencias levaron a engano dado que o Xiria amosou unha boa cohesión no traballo ofensivo con entendemento entre xogadoras de idade moi diferente e fixo mella nas filas guardesas mediante o traballo colectivo, defendendo pola contra a meirande parte dos ataques rivais a base de intensidade e pernas e con Carla pechando a cancela da meta.… Seguir lendo >>

Un Lavadores en auxe amarra un punto na casa ante Seguros Sueiro

Despois do desigualado partido da ida no Vila de Noia, o Seguros Sueiro viaxaba a Vigo para volver á boa senda coa ansiada vitoria, pero o rival probou estar moito máis cohesionado que na primeira metade da liga e o demostraron cun contundente 9-4 nos primeiros minutos de partido, onde as perdas de balón nos pases de forma reiterada puxeron contra as cordas a un Xiria que tardaba en reaccionar.… Seguir lendo >>

Seguros Sueiro perde ante Carballal facendo unha boa primeira metade

De novo a lóxica impúxose na categoría xuvenil feminina. O Carballal, un dos favoritos para o título e invicto ata a fecha, acadou os puntos nun partido onde o Xiria pelexou man a man durante toda a primeira metade. Por unha banda a velocidade do Carballal apotaba buratos nas zonas laterais da defensa verde, mentres que as de Bergantiños empregaban o xogo colectivo para xerar situacións de superioridade, que sumado ó lanzamento exterior mantiña a igualdade no marcador ó longo dos primeiros trinta minutos (13-13), aínda que unhas perdas de balón nos derradeiros minutos otorgaron unha pequena vantaxe de tres goles para as locais xusto antes de chegar ó descanso (16-13).… Seguir lendo >>

Seguros Sueiro remata a súa racha

O Seguros Sueiro volve a probar a derrota sete xornadas despois. Tras un inicio accidentado na pista do Porriño, onde as visitantes conseguiron unha temperá vantaxe de tres goles, o Xiria tentou recuperar a iniciativa do encontro por medio da finalización da primeira liña carballesa, pero as viguesas estiveron especialmente solventes na liña de seis metros, que combinado coas poucas perdas de balón e a contundente efectividade nos lanzamentos fixo imposible o acercamento do Xiria, marchando ó descanso cunha diferenza de tres goles (15-12) grazas a un sorpresivo gol de Carla no derradeiro segundo.… Seguir lendo >>

Seguros Sueiro remata a primeira volta en terceira posición

O pasado domingo o conxunto xuvenil feminino viaxou ata Redondela para atopar a un rival correoso que encadenaba numerosas derrotas por escasa marxe a pesar de contar cunhas das maiores goleadoras na liga. 

O encontro comezou cunha contundente imposición das visitantes, pechando as posibilidades de penetración da eficaz primeira liña viguesa e negando as continuacións a pivote, o que deu a dianteira ó equipo de Bergantiños con contraataques e lanzamentos de 9m, provocando unha chamada á calma das locais no minuto 10 para xestionar o (3-8) do electrónico.… Seguir lendo >>