O pasado fin de semana o Calvo Xiria B disputaba o terceiro partido de liga de Segunda Autonómica e repetía na casa, contra un Millaven Lucense que tamén chegaba invatido a este partido. Esperabase un partido reñido no que os locais deberían impoñer o seu estilo de xogo para lograr gañar o partido.
CALVO XIRIA B 31 – MILLAVEN CP LUCENSE 25
O comenzo do partido estivo marcado pola igualdade; os carballeses moi pouco conectados e con escasa alegría no seu xogo. O equipo lucense conseguía realizar o seu xogo de 1vs1 despois de mover a defensa locataria e con isto estaba a facer moito dano. Na parcela ofensiva nunhas ocasións as precipitacións e en outras ocasións a falta de acerto de cara ao lanzamento facían que o Xiria non acabara de arrancar. De este xeito foise con igualdade ao descanso.
Á volta dos vestiarios o equipo local soupo axustar mellor a súa defensa, con maior traballo para evitar o xogo no interior de 9m; a maiores nas situacións de erros defensivos aparecía a portería para subsanar esos erros. O ataque con bo criterio conseguía pequenas continuidades con boas tomas de decisión e, por outro lado, conseguía aumentar o acerto de cara a portería. Este cambio de dinámica facía que o equipo carballés se fose no marcador e mellorara a súa imaxen. Esta mellora no xogo mantivose e tan só se viu empañada por unha secuencia de erros ao final do partido. O Sénior B a pesar do comezo termina conseguindo sumar dous puntos de valor contra un rival que o puxo compricado.
Para a semana volve a xogar na casa contra os veciños de Ribadosar.