TIRSO DE MOLINA 19 – OAK ENGLISH CENTRE XIRIA 47

Tirso de Molina (9+10) 19: Falcón, Adrián Gómez (6), Gonzalo (6), Rodrigo (1), Adrián de Arriba, Pedro (3), Alejandro D. Diaz (2), Gayoso, Antón, Julián, Javier (1), Alejandro Díaz. Adestrador: José M. García.
Oak English Xiria (22+25) 47: Naya, Barreiro (4), Iago (13), Zas (5), Brais (4), Martín, Antón (5), Alberto, Ivan, Jorge (3), Miguel (4), Bisbi, David (9). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Colexiado: Francisco Soliño. Sen complicacións.

Bo partido o que disputou o Oak English fronte ao conxunto ferrolá do Tirso de Molina. Foi un encontro moi completo o que se marcaron os rapaces do Xiria nunha pista defectuosa pero á que se aclimataron aos cinco minutos de partido. A partir de aí unha boa defensa, unha rápida transición defensa-ataque e un movemento de balón continuo ata atopar a mellor situación de gol foron as bases nas que se asentou o xogo carballés para ir aumentado a vantaxe parcial tras parcial ata o final da primeria parte.

O guión repetiuse na segunda metade, practicamente igual que na primeira, e o Oak conseguiu unha goleada de escándalo. E o que é mellor, recuperou a boa imaxe tras a mala imaxe, a pesar da vitoria, que deixou nas retinas dos espectadores que viron o partido da semana pasada fronte ao Camariñas.

A próxima fin de semana visita Carballo o Bm Narón nunha nova xornada para seguir crecendo como equipo.