TIRSO DE MOLINA 25 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 22

Tirso de Molina: Diego, Pablo ( 1 ), Enrique, Alexis ( 2 ), Juan ( 7 ), Alejandro ( 6 ), Mario, Alberto, Manuel ( 8 ), Javier, Julián, Marcos ( 1 ), Adrián, Carlos.

Ifecgás Pereira Xiria: Naya, Miguel, Óscar, Caamaño, Ramón ( 10 ), Diego Puente ( 1 ), Diego López, Juan ( 1 ), Néstor, Iván, Zas ( 7 ), Pombo ( 3 ), Rodrigo.

Colexiado: Mala arbitraxe de José Flores, especialmente nos derradeiros minutos.

Previase un encontro compricado para o Ifecgás Pereira Xiria trala apretada victoria da primeira volta e así foi. A falta de intensidade e actitude por parte dos carballeses é a tónica xeral deste equipo dende case sempre, tónica que xa o levou a perder algún encontro esta campaña e a que outros os gañasen con dificultade. Esdta falta de actitude e intensidade unido ás gañas que lle puxeron os locais fixo que se chegase ao intermedio cun 14-9 a prol dos ferroláns.

Prevíase unha vergoñenta derrota cando o Tirso acadaba unha renda de oito goles na segunda metade pero ahí foi cando o Xiria sacou un orgullo descoñecido ata o de agora para situar o marcador final nun 25-22.

Con esta derrota, unida a victoria do Camariñas, o equipo de Fernando Vázquez di practicamente adeus a un titulo territorial que previsiblemente se ían a xogar en Camariñas na ultima xornada. Agora os palilleiros son líderes con 3 puntos de vantaxe e as opcións dos de Carballo pasan por que o Camariñas pinche na proxima xornada co colista Pontedeume, cousa que parece moi improbable.