TIRSO DE MOLINA 33 – PROCASA XIRIA 30

Tirso de Molina: Rafa, Jaime (3), Carlos (13), Pablo (9), Enrique (2), Fernando, Álex (4) -equipo inicial- David (1), Adrián (1), Diego, José.
Procasa Xiria: Martín, Edu (4), Álex (5), Jorge (8), Luís (6), Javi (1), Martín Alfeirán (3) -equipo inicial- Calvete (1), Nogales, Carlos, Miguel, Rubén Anes (2).
Colexiados: O colexiados David e Pablo non influirun no resultado final.

Primeira xornada do Torneo Delegación Territorial que levou ao Procasa Xiria a visitar a cancha do conxunto ferrolá do Tirso de Molina. O partido foi vibrante e igualado, tal e como nos tiñan acostumados estes dous equipos nos seus enfrontamentos ligueiros.

Comenarón ben os de Carballo cunha defensa intensa que lles permitia levar a iniciativa no marcador grazas ás recuperacións de balón e aos rápidos contraataques. Pero o Tirso aprendeu ben a lección do partido da primeira volta onde, defendendo aberto, o Procasa foi infinitamente superior, e por iso desta volta plantexaron unha defensa moi cerrada onde os bergantiñáns encontran máis dificultades ante a falta de lanzamento exterior.

De calquera xeito o Procasa mellorou o seu ataque contra esta defensa e mantiña curtas vantaxes no marcador ata os derradeiros 4 minutos da primeira metade onde os locais conseguían poñerse por diante. O 16-15 do descanso facía prever unha segunda parte moi emocionante.

Na reanudación trocaron as tornas e agora era o equipo ferrolá o que gozaba de pequenas vantaxes, que, por outro lado e a pesares dos esforzos dos visitantes, conseguía manter ata o pitido final con ese 33-30 que amosa a igualdade que se está a dar entre estes dous equipos esta campaña.

O Procasa mellorou en intensidade e no ataque posicional con respecto o anterior partido e o seu xogo en equipo voltou, por momentos, a ser efectivo e vistoso.