Traballada vitoria do Grupo Lemaco Xiria ante o Bm Culleredo

Emocionante partido o vivido na mañá do domingo no pavillón de Almeiras. Os do Grupo Lemaco Xiria xogaban o seu primeiro derbi da tempada, e conseguían unha vitoria que deixa aos dous equipos empatados a puntos na clasificación e nos postos cabeceiros.

A primeira parte, os ataques levaron a voz cantante, goles con facilidade, ante as defensas que se perdían, coas combinacións rivais. O Grupo Lemaco chegaba cunha pequena vantaxe ao descanso, 15 a 17, polo maior acerto de fronte ao gol.

A segunda parte, foi todo o contrario, os dous equipos moi atrancados, non atopaban o camiño do gol e os porteiros Jorge López e Darío Calviño tomaban o protagonismo. Os locais conseguían igualar o partido a 23 goles; pero a defensa do Grupo Lemaco os últimos 5 minutos de partido; sen encaixar goles, permitiu que levasen a vitoria.

Destacar o abrazo final dos xogadores, que fai que o balonmán da zona norte siga crecendo polo bo camiño.

Incidencias: Partido disputado no pavillón municipal de Almeiras ante uns cen de seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Henrique Folgoso do colexio galego.

BALONMÁN CULLEREDO 23 ( 15 + 8 ): Jorge López [p], Oscar Bello [p], Mateo Díaz, Martín Insua, Adrián Díaz, Francisco García, Manuel Gómez, Guillermo Seijo, Marco García, Julián González, Brais Pérez, Asier Blanco, Daniel Del Río, Pablo Gómez.

GRUPO LEMACO XIRIA 26 ( 17 + 9 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Esteban Puñal, Martín Fuentes, Mario Cancela, Daniel Mallo, Álex Puñal, Áaron Rodríguez, Antonio Calvelo, Pablo Esmoris, Javier Rodríguez, Juan Martín Fajardo, Carlos Varela, Fernando Mallo, Julián García, Diego Antelo.