TRABALLADA VITORIA PARA O PUNTA DEL ESTE XIRIA

O pasado xoves 1 de novembro o Punta do Leste Xiria recibía en casa ao Galicia Social- Galserco. O partido disputouse no pavillón Ceip Fogar ás 12:15.

Comezaba o encontro coas locais defendendo a súa portería cunha defesa 3:2:1. As carballesas entraron despistadas os 10 primeiros minutos, polo que o Galicia Social soubo aproveitar e afastarse no marcador cun 0-5 nos 5 primeiros minutos.
No ataque, as locais seguían moi paradas dando pé a que as visitantes puidesen defender cómodas sen dar opción a que as do Punta del Este puidesen anotar.
Vendo a situación e como se estaba dando o partido Natalia, decidiu pedir tempo morto para volver reorganizar o ataque. Despois deste tempo morto parecía que as do Xiria empezaban a espertar, movendo máis o balón en ataque e entrando en carreira, dáballes opcións de gol.

Foise ao descanso cun resultado de 4-8 para as visitantes.

Daba comezo a segunda parte, as do Punta del Este Xiria entraron moi activas en taque o que lles permitía marcar gol, así mesmo, en defensa estaban a realizar un bo traballo pechando a zona centro e chegando con efectividade ás axudas, as locais viñanse arriba o que lles beneficiou para seguir loitando o partido.

Entre a boa defensa que estaban a realizar e o bo ataque, as carballesas conseguiron remontar e afastarse no marcador. A boa intensidade, o bo traballo defensivo e ofensivo, e o non renderse en ningún momento, déronlle a vitoria ás locais. Deste xeito, finalizaba o encontro cun resultado 13-7, traballada vitoria das miniguerreras que suman outra vitoria.

PUNTA DEL ESTE XIRIA: Lucía L.(p), Stefania L., Natalia C.(3), Lara H.(1)(46´), Candela C.. Catalina M.(41´), Lara S.(1)(7´), Leticia S.(4), Coral R.(4), Duna B.(2)(15´), María P.(2).

GALICIA SOCIAL- GALSERCO: Carolina C., Lucía C.(1), Favour(2)(47´), Antía C.(7), Paula C.(3), Aime G.(1), Sara T. (1)(13´), Yaiza F., Sara M., Noa F., Sara C., Carla F.