Tres partidos na ponte de Decembro

O Vila de Noia vivirá un novo derbi o sábado as 20:00. O Calvo Xiria enfréntase ao Oar Coruña, moi reforzado este ano, coa volta de Roberto Casero, Victor Couceiro e as fichaxes do italiano Francesco Aragona e o brasileiro Alecssander Antonio. Como novidades aos ex- xiria Pedro Pereira e Alejandro Naya,súmaselle tamén Alejandro Calvete. O partido será emocionante e a afección local ten que ser un dos referentes na animación do encontro. O Calvo Xiria, que está a mostrar un nivel cada vez mellor, quere seguir escalando no seu modelo de xogo e afianzarse na cuarta praza.

Todos os conxuntos de base descansan debido a ponte de Decembro, menos o equipo infantil do Metalúrgica BB Xiria e as rapazas do alevín BM7 Gestagua Xiria, que disputarán o xoves a xornada adiantada con o CP Lucense. As 19:15, as alevíns queren continuar a progresión neste “novo” formato para elas do 40×20 e as 20:15, os infantís desexan seguir na senda da vitoria e superar aos de Lugo nun partido que se prevé complicado. Os dous partidos serán no pavillón do CEIP Fogar.