Triunfo para o Grupo Lemaco “B” no “derbi” diante do Camariñas

4ª Xornada da Liga Prata Cadete Masculino

Grupo Lemaco Xiria B 24 – Balonmán Camariñas 23 (14-13)

No derradeiro lanzamento impoñíase o Grupo Lemaco nun intenso e igualado encontro fronte ao Balonmán Camariñas.
Ante as baixas dos carballeses parecía que a fortaleza amosada nos primeiros minutos polos camariñáns ía a impoñerse no terreo de xogo, pero o Xiria tomoulle a cara ao partido demostrando a capacidade e bo facer dos seus xogadores.
Partido de dureza defensiva por parte de ambos equipos, e onde o Grupo Lemaco soubo cerrar ben no 5:1 as traxectorias cara o centro non permitindo lanzamentos cómodos ao rival, cada gol valía un mundo, pois a igualdade reinou durante todo o partido, chegou o Xiria co depósito máis cheo aos derradeiros minutos, pero o Camariñas volvía a empatar a falta de escasos segundos, na derradeira acción os árbitros sinalaron 7 metros cando un xogador do Xiria avanzaba claramente a gol, a transformación daba os dous puntos aos locais.

Grupo Lemaco Xiria B 24 (14): Xano Rama e Izan Cabeza (porteiros), Aday 7, Simón 2, Alvaro García, Alvaro Gómez 3, Xabi 2, Diego Barbeira 1, Nico Mejuto 3, Andrés Pombo 2 e Andrés Pedreira 4.

Balonmán Camariñas 23 (13): Alejandro Lobelos, Jorge Martínez, Anxo Vigo, Aaron Calvo 3, Xaquín Hermida, Daniel Paz 6, Brais Dono 1, Leandro Canto 1, Lucas García, Mateo Carlín e Fabio Pasantes 12

Arbitraron: Iván Hernández e Renzo Díaz