A defensa individual do Tubasys deixaba un rédito excelente dende os primeiros compases do partido, que acompañada coas saídas rápidas nas transicións deixaba escasas oportunidades a un Brigantium que non puido facer nada por evitar a chegada das filas verdes ata unha liña de seis metros desprotexida. As rotacións non tiveron moita influencia no desenvolvemento do xogo, que mantiña o ritmo frenético ata a chegada a vestiarios (4-22).
Na segunda metade o cansanzo e o desatino no remate a porta lastraron o ritmo goleador das carballesas. Malia todo, foron quen de manter o bo traballo de desposesión e contacto ata o final do encontro, asegurando os dous puntos nunha mañán con reparto de esforzos e tantos.
BM. BRIGANTIUM NUNEGAL 16 – 40 TUBASYS XIRIA
Na vindeira xornada o Tubasys agarda a chegada do Ribadosar no Fogar. Queda moito traballo por diante na clasificación da Primeira Fase ligueira.


